martes, 14 outubro 2008

O alcalde recibiu este martes á Presidenta do Banco Nacional de Arxentina

Mercedes Marcó del Pont constitúe a sexta xeración dunha familia catalana que chegou a Vigo a mediados do século XVIII para emigrar posteriormente a Arxentina. Don Benaventura Marcó del Pont e Bori foi o primeiro industrial catalán empadroado en Vigo, en 1758, e esta familia axudou a industrialización viguesa, vinculo salientado hoxe martes tanto polo alcalde como pola Presidenta.

Xabier Alonso anuncia un acordo coa Xunta para a reforma integral das pistas de atletismo de Balaídos

martes, 14 out 2008

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciou hoxe a unha representación da Delegación Viguesa de Atletismo que a reforma integral do estadio de atletismo de Balaídos "é prioritaria" para o seu departamento e avanzou que xa "hai un compromiso da Xunta", a través da Dirección Xeral para o Deporte, para asinar un acordo que permita resolver os problemas dunha instalación anticuada. A solución chegará mediante a sinatura dun convenio de colaboración "que agora xa está na fase de redacción polos técnicos", dixo o concelleiro.