Os propietarios da nave calcinada de O Gorxal acometerán a retirada dos residuos sen demoler o primeiro andar
Os propietarios da nave acordaron acometer pola súa conta a limpeza da mesma, polo que contratarán a unha empresa externa que retirará os residuos. O alcalde explicou que os donos estiman que lles resulta máis barato a longo prazo apuntalar, co que a demolición do forxado do primeiro andar foi descartada. O luns presentarán ao Concello o plan de acción.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou que serán os propietarios da nave calcinada os que se encargarán da retirada e limpeza dos residuos restantes da instalación, e o farán sen derrubar o primeiro andar.
Segundo informou o rexedor vigués, os propietarios consideran máis rendible a longo prazo entrar a través dun apuntalamento, polo que serán eles mesmos os que contratarán a empresa que se encargue da retirada. Tanto o Concello como a Consellaría de Medioambiente se mostraron de acordo na decisión.
O luns, explicou Abel Caballero, presentarán no Concello o plan de actuación, que será supervisado por técnicos municipais así como pola Consellaría de Medioambiente da Xunta de Galicia. Pedirán asemade as licencias precisas a Urbanismo para acometer os traballos.
As tarefas do Concello quedarán unicamente para a supervisión e a concesión das licencias. O alcalde estima que as obras durarán como máximo dous meses, pois o obxectivo do Concello é que os traballos se realicen con "celeridade absoluta".
Descargar todas as imaxes