Escoitar

O tenente de alcalde anuncia a colaboración entre as áreas de Cultura e Benestar e o colectivo arxentino

O tenente alcalde, Santi Domínguez, anunciou este luns a reanudación de convenios de colaboración entre as áreas que o BNG xestiona no Concello de Vigo, especialmente Cultura e Benestar Social, e o colectivo arxentino residente na cidade. O nacionalista así o manifestou tras a xuntanza que mantivo co cónsul xeral de Arxentina, Roberto Eduardo Gudiño, "a petición expresa do novo cónsul".

luns, 20 out 2008
1224504870Reuni.JPG
Santi Domínguez explicou que se trata dunha reunión "meramente protocolaria", na que se abordaron temas que teñen "moito que ver coas áreas xestionadas polo BNG", como pode ser a colaboración en materia cultural, así como as relacionadas con Benestar Social e a posta en marcha do Consello das Migracións como instrumento para avanzar na integración. Segundo o tenente de alcalde, por todos estes asuntos o cónsul de Arxentina, un dos países que máis inmigrantes non comunitarios aporta á cidade, expresou "o seu interese".

En canto ao eido cultura, o tenente de alcalde manifestou a intención de desenvolver a colaboración na organización de festivais, mentres que respecto a Benestar Social, a colaboración levarase a cabo no desenvolvemento de iniciativas que teñan por obxectivo a integración do colectivo arxentino na cidade. Neste sentido, Santi Domínguez indicou que "xa existen contactos" na oficina de emigración. "Estamos abertos a calquera tipo de colaboración futura", destacou tras a xuntanza.
Descargar todas as imaxes