Santi Domínguez anuncia que se está negociando para poñer en marcha en marzo a segunda temporada do vóo a Londres
O tenente alcalde, Santi Domínguez, anunciou este luns que dende a Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galiza e a Concellería de Turismo do Concello de Vigo estanse mantendo negociacións para poñer en marcha a segunda temporada do vóo a Londres. Ademais, aclarou que as afirmacións publicadas nos últimos días na prensa sobre a cancelación deste vóo "é faltar á veracidade", posto que, segundo lembrou, na presentación da liña xa se informara de que o acordo referíase a unha única temporada, que remata agora.
"Cando fixemos a presentación do vóo Vigo-Londres xa dixemos claramente que o acordo era para unha temporada, salvo que a houbera unha demanda do 90 por cento", explicou o tenente de alcalde, quen adiantou que dende a Dirección Xeral de Turismo da Xunta e a Concellería de Turismo do Concello de Vigo "xa estamos traballando na próxima temporada, que comeza en marzo". Ao respecto, Santi Domínguez salientou que están programadas unha serie de actuacións promocionais, que se iniciarán cunha visita a Vigo de representantes da compañía Clickair, que terá lugar a principios de novembro.
O tenente de alcalde salientou que posteriormente se celebrará unha campaña promocional en Londres, "que posiblemente será en xaneiro", segundo apuntou o nacionalista. Ademais, un mes antes da sinatura do novo convenio con Clickair, está prevista a visita de diferentes touroperadores a Vigo, co obxectivo de potenciar á cidade como produto turístico. "Estamos a traballar para manter este vóo e nos consta que Clickair está nesta liña de reanudalo na nova temporada", subliñou Santi Domínguez.
Descargar todas as imaxes