Santi Domínguez salienta o avance que se está a dar na mellora do mantemento das rúas do Casco Vello
O tenente de alcalde e concelleiro de Cascos Históricos, Santi Domínguez, salientou este xoves os avances que se están a producir na mellora do mantemento das rúas do Casco Vello. Así o destacou esta mañá no transcurso da visita de inspección aos traballos de reforma de rúas que se están levando a cabo no barrio histórico vigués, e na que indicou que xa son máis de vintes as actuacións desenvolvidas co programa de limpeza de fachadas, tal e como se pode comprobar na praza da Pedra e na rúa Real, entre outras.
"Hai dez días anunciamos a posta en marcha das 35 actuacións urxentes de mellora de rúas do Casco Vello e hoxe xa se poden comprobar in situ os avances", destacou o tenente de alcalde, quen explicou que os traballos desenvolvidos atinxen a cuestións como reposición de losetas, mellora do pavimento, adecentamento de beirarrúas, adoquinado, ou colocación de barandillas e limpeza de fachadas. Porén, cando o contorno o precisa, como no lavadoiro dde Poboadores, tamén se levan a cabo traballos de canalización da auga.
Santi Domínguez anunciou que persoalmente se encargará de facer un seguimento de todas as actuacións que se fagan. "Para nós é moi importante o mantemento diario do Casco Vello, porque estas actuacións son fundamentais. Queremos mimar especialmente o barrio", destacou. Durante a visita, indicou que na Tenencia de Alcaldía xa se están recibindo chamadas de veciños e veciñas que recoñece que "por fin xa se están tomando as cousas en serio". Neste sentido confesou sentir "satisfacción polas empresas que están desenvolvendo os traballos" no Casco Vello, posto que as actuacións "van a boa marcha" e a elas sumarase o inicio en novembro do programa de coidadores de barrio, "cos que buscamos o incremento da calidade de vida da súa veciñanza".
Como exemplo das actuacións que se están a desenvolver no Casco Vello, o nacionalista salientou o programa de limpeza de fachadas, co que xa se levaron a cabo máis de vinte actuacións, entre as que se atopan a limpeza de diversos inmobles da rúa Real e, especialmente, da praza da Pedra.
O tenente de alcalde lembrou, ademais, que o Consorcio do Casco Vello investirá un total de 220.000 euros no desenvolvemento destas obras de mellora no entramado viario do barrio histórico vigués. Igualmente, indicou que nos orzamentos municipais haberá para o barrio histórico arredor dos tres millóns de euros, mentres que a Consellería de Vivenda investirá máis de cinco millóns de euros a través do Consorcio do Casco Vello.
Rexistro de solares
En canto á norma municipal que permitirá expropiar edificios en ruínas ou inacabados, Santi Domínguez destacou que será "un paso moi importante para axilizar as actuacións" e un "toque de atención para os propietarios". Segundo o tenente de alcalde, o novo rexitro permitirá "adiantar procesos que na actualidade son excesivamente lentos", en especial nos casos nos que hai risco de desprendementos. "Esta medida é moi importante para que os propietarios se preocupen de manter as vivendas en bo estado", sinalou, en tanto que permitirá iniciar o proceso de expropiación "con maior rapidez, como xa se fai noutras cidades". Ademais, indicou que "ano a ano" incrementaranse as axudas para a rehabilitación.
"A medida non só afecta ao Casco Vello, senón a toda a cidade, aínda que é evidente que o barrio histórico é a zona que máis a precisa", salientou o tenente de alcalde, quen explicou que en primeiro lugar se lle comunicará ao propietario que debe iniciar as actuacións de rehabilitación e se no tempo legal para elo non fai, "poderíase iniciar os trámites de expropiación".