Benestar Social inicia o primeiro curso de mediación intercultural para promover a integración dos inmigrantes
Traballar para acadar unha "integración progresiva das persoas inmigrantes que residen en Vigo" é o obxectivo fundamental do primeiro curso de formación de mediadores interculturais que pon en marcha a Concellería de Benestar Social, segundo subliñou este venres a súa responsable, María Méndez. A edil explicou que este programa formativo, que comeza hoxe, é froito dun convenio asinado coa Secretaría Xeral de Inmigracións da Xunta de Galiza.
"Dende o BNG cremos nas políticas participativas", subliñou a concelleira de Benestar Social, quen anunciou que no vindeiro mes de decembro celebrarase a primeira reunión oficial do Consello Municipal da Migración, como froito do traballo desenvolvido no Foro das Migracións, que tivo lugar o pasado mes de abril. María Méndez lembrou que nese foro precisamente "saíu á luz" a necesidade de contar coa figura da mediación intercultural, como ponte entre a cultura acolledora e a de orixe.
A concelleira explicou que no programa de formación de mediadores multiculturais, das 25 persoas participantes, 17 teñen diferentes nacionalidades (arxentina, uruguaia, rumana, marroquí e senegalesa, entre outras), co que se cumpre estritamente o requisito da interculturalidade. O curso, que se desenvolverá hoxe venres 24 de outubro, mañá 25 de outubro, martes 28 de outubro e mércores 29 de outubro, constará de 30 horas centradas en aspectos teóricos e 80 horas adicadas ás prácticas. No tocante ás prácticas, a edil nacionalista salientou que o programa se centra especialmente en tres aspectos, o educativo, o sanitario e o de xénero, de xeito que as persoas participantes poderán facer as prácticas en colexios, centros de saúde e centros de información municipal da muller.
"Para desenvolver este programa quixemos contar con profesionais do máis alto nivel", salientou a concelleira de Benestar Social, quen explicou que proceden da Universidade Autónoma, e especialmente dun viveiro de empresas que conta cunha longa experiencia. Así, o programa formativo conta con Fernando Barbosa, presente na presentación do curso, que é antropólogo, lingüista e mediador; ademais, tamén contará coa experiencia de Nuria Lores, economista, antropóloga e mediadora; e Luis Manzano, historiador e mediador.
Na súa intervención, a edil nacionalista salientou o papel da Secretaría Xeral de Emigración, coa que se ten asinado un convenio para desenvolver esta actividade formativa, que ascende a 35.000 euros. Neste sentido, o subdirector xeral de Xestión de Programas do Retorno e a Inmigración, José María Pita, agradeceu ao Concello de Vigo e en particular á concelleira de Benestar Social, María Méndez, a organización desta iniciativa. No eido do traballo coa inmigración, Pita salientou a importancia da mediación intercultural como unah das prioridades da Secretaria Xeral de Emigración. "É unha prioridade para nós a creación dun sistema de mediación intercultural de ámbito autonómico e a acción formativa que hoxe comeza en Vigo é pioneira", subliñou.
O antropólogo, lingüista e mediador Fernando Barbosa, pola súa banda, tamén agradeceu ao Concello de Vigo e especialmente á edil do BNG pola posta en marcha desta iniciativa e a súa incidencia nos aspectos educativo, sanitario e de xénero. Destacou, así mesmo, a figura da mediación intercultural como "aposta polas ferramentas da integración e a convivencia social".
Descargar todas as imaxes