Escoitar
Igualdade

Programa de formación e tempo libre "Ser muller é unha boa idea"

<br /> <br />

venres, 24 out 2008
A Concellería de Igualdade informa que o programa de formación e tempo libre para asociacións promotoras de Igualdade "Ser muller é unha boa idea" está a pórse en marcha nas diferentes asociacións e vogalías da muller da cidade.
A primeira fase do programa consiste nun "Módulo de Igualdade de Oportunidades" de 12 horas de duración, dirixido a homes e mulleres maiores de 18 anos.
As persoas interesadas deberán inscribirse nas asociacións e vogalías da muller adheridas a este programa.
Máis información: Concellería de Igualdade. Concello de Vigo. Tlf. 986 810 284. www.igualdadevigo.org".