Tenencia de Alcaldía aporta á Federación Veciñal 75.000 euros para desenvolver o seu programa de actividades
O tenente de alcalde do Concello de Vigo, Santi Domínguez, e a presidenta da Federación Veciñal "Eduardo Chao" asinaron este venres un convenio de colaboración por un importe de 75.000 euros correspondente ao 2008, destinado á organización de diversas actividades. Tras a sinatura, o nacionalista recoñeceu a importancia do traballo que desenvolven as asociacións veciñais na cidade nos eidos da cultura, o deporte, a normalización lingüística, a xuventude ou os servizos sociais.
"No BNG temos moi claro a importancia do labor social das asociacións veciñais", salientou Santi Domínguez, quen lembrou que o Bloque Nacionalista Galego sempre di que estamos para traballar para a xente, "o mesmo que fan as asociacións veciñais dun xeito altruísta", polo que ao seu xuízo é "de obriga" colaborar e axudalas. "Son un elemento vital para o desenvolvemento dos obxectivos da acción de goberno", destacou. Ademais, lembrou que dende as diversas concellerías do BNG xa se estaba desenvolvendo a colaboración a través de diferentes convenios, polo que o documento asinado hoxe ven a "refundir as colaboracións para darlle globalidade".
O tenente de alcalde explicou que os 75.000 euros do convenio son aportados dende distintas concellerías do BNG no Concello de Vigo, que se compromete a colaborar na difusión dos contidos; mentres que a Federación Veciñal comprométese a desenvolver as actividades previstas, así como informar ao Concello das mesmas e presentar os xustificantes correspondentes. "É un convenio que nos enche de satisfacción, porque nos permite colaborar coas asociacións veciñais da cidade no obxectivo de traballar por mellorar a calidade de vida da cidadanía", afirmou.
A presidenta da Federación Veciñal, Elena González, expresou o seu agradecemento a Santi Domínguez polo recoñecemento público do traballo que fan as asociacións veciñais. "A colaboración da Tenencia de Alcaldía nos permitirá chegar a multitude de cidadáns e cidadás de Vigo", asegurou, ao tempo que subliñou que este convenio asinado hoxe coa Tenencia de Alcaldía "é o primeiro que asinamos co Concello de Vigo neste ano". Ademais, sinalou que pese a que as directivas das diversas asociacións non cobran, en ocasións vense obrigadas a adiantar os seus propios cartos co obxectivo de levar a cabo "multitude de proxectos". Neste sentido, salientou que parte do convenio destinarase a cubrir unha débeda de 20.000 euros que a Federación ten contraída con distintas asociacións, polo que Elena González sinalou parte dos cartos "realmente xa están gastados".
"Agradecemos moito os cartos pero o que máis agradecemos e o recoñecementos do traballo das persoas", salientou a presidenta da Federación Veciñal en referenza as verbas de Santi Domínguez.
Descargar todas as imaxes