Os traballos adiántanse un mes con respecto ao previsto inicialmente, segundo anunciou hoxe a alcaldesa

As obras da superficie de Urzáiz estarán rematadas a principios de novembro

venres, 3 set 2004

As obras da superficie de Urzáiz estarán rematadas a principios do mes de novembro, segundo anunciou hoxe a alcaldesa de Vigo, Corina Porro, durante unha visita á zona. Deste xeito, os traballos adiántanse un mes con respecto ao previsto inicialmente, xa que o seu remate estaba previsto para o mes de decembro. A alcaldesa, Corina Porro, acompañada do concelleiro José Manuel Iglesias, técnicos municipais, e de representantes da empresa que executa as obras e da concesionaria, visitou hoxe a superficie e o interior do aparcadoiro.

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, visitou a zona, na que se instalou unha pasarela de madeira, bancos e habilitouse unha zona verde

Rematan as obras de acondicionamento e rexeneración dos accesos ás praias Baluarte e Fontaiña

venres, 4 xuñ 2004

A partires de agora os vigueses poden pasear dende a praia de O Vao ata a da Fontaiña. As obras de acondicionamento e rexeneración da zona comprendida entre os arenais de Baluarte e Fontaiña, na parroquia de Coruxo, remataron estes días. A Deputación Provincial de Pontevedra subvencionou esta actuación, que tivo un orzamento de 99.090,16 euros e que foi dirixida polos servicios técnicos municipais.

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, anunciou hoxe durante unha visita ás obras a apertura ao tráfico deste tramo de 370 metros de lonxitude e dous carrís de circulación

O vindeiro martes entrará en funcionamento o paso soterrado de Travesía de Vigo

xoves, 27 mai 2004

O vindeiro martes, 1 de xuño, entrará en funcionamento o paso soterrado de Travesía de Vigo. A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, anunciou durante unha visita ás obras, a apertura ao tráfico deste tramo, que financia a empresa constructora do centro comercial da Travesía de Vigo, e que tivo un custo de 6,6 millóns de euros.

Vías e Obras inicia a renovación e ensanche de seis rúas

luns, 6 out 2003

A concellería de Vías e Obras pon en marcha unha programación de renovación e ensanche de beirarrúas da cidade priorizando as zonas de maior uso e en peor estado. O programa , que terá continuación ó longo dos orzamentos dos próximos anos, está apoiado nun estudio de diagnóstico das beirarrúas de Vigo realizado nos meses de xuño e xullo deste ano polos servicios municipais de Vías e Obras.