Urbanismo
O Padroado do Ifevi urxe a continuar coa tramitación da ampliación do recinto
luns, 30 dec 2019O alcalde deu conta esta mañá do avance na tramitación da ampliación do Ifevi, unha vez celebrado o Padroado do recinto feiral a instancias de parte dos seus membros, entre eles, o Concello. Caballero criticou a actitude da Xunta de Galicia que "parece non ter presa" nunha iniciativa que permitirá crecer a Conxemar.
Caballero urxe á Xunta a convocar o Padroado do IFEVI para iniciar a ampliación <br />
venres, 27 dec 2019O alcalde reuniuse este venres co presidente de Conxemar, José Luis Freire, logo de que o IFEVI dispoña xa do proxecto básico de ampliación do recinto e criticou a actuación da Xunta de Galicia que non deu resposta a esta petición.
Concello e Universidade propoñen usos integramente educativos e investigadores no Campus do Mar da ETEA
xoves, 26 dec 2019Informou Abel Caballero que ambas institucións alegaron ao proxecto da área de usos complementarios para o Campus do Mar na ETEA, presentado pola Xunta, que contempla unha residencia de maiores. Para construíla, o Concello ofrece a cesión gratuíta de ata tres parcelas en Teis, podendo así adicar a ETEA a usos educativo e investigador.<br />
O Concello propón seis novas áreas de rehabilitación de vivendas cunha inversión de 50 millóns
martes, 10 dec 2019A Xerencia de Urbanismo deu luz verde á proposta de declaración de área de rehabilitación a Beiramar, Espiñeiro, Grupo Fenosa, A Salgueira, San Roque e San Pablo. Esta iniciativa permitirá intervir en 1.624 vivendas cun orzamento aproximado de 50 millóns, dos que o 50% sería financiado polo Plan de Vivenda 2018-2021.
Urbanismo inadmite a petición de incluír Porto Cabral na Ordenación Provisional
luns, 9 dec 2019O alcalde explicou este luns que a Xerencia de Urbanismo negou a solicitude por criterio técnico xurídico ao non ser a promotora do complexo a propietaria do solo de Liñeiriños.