martes, 14 abr 2020
Abel Caballero informou de que o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) inclúe a remodelación de toda a contorna da rúa Jacinto Benavente, así como a recuperación do plan para construír o subterráneo en Beiramar. Outras actuacións destacadas serán as de Praza de España, Alfageme ou A Artística.
luns, 13 abr 2020
Abel Caballero ofreceu este luns as liñas básicas do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para iniciar “o debate en detalle” que conclúa coa súa aprobación no horizonte de 2023. O Documento Inicial Estratéxico e o Borrador xa foi remitido á Xunta para iniciar a tramitación administrativa.
martes, 10 mar 2020
A Xerencia de Urbanismo deste martes aprobou definitivamente a delimitación como área prioritaria dos números 6, 7, 8 e 9 da Praza da Igrexa, logo de resolver as alegacións presentadas. O goberno de Vigo prevé actuar de forma conxunta nas catro edificacións, que serán retranqueadas para ampliar a praza da Concatedral.
martes, 10 mar 2020
Ata o 3 de abril está aberta tamén a consulta pública da ordenanza reguladora para instalar ascensores na fachada de edificios xa construídos de uso residencial. A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de mellora da seguridade viaria do Camiño Arrouba en Zamáns, cun orzamento base de licitación de 88.000 euros.
mércores, 26 feb 2020
A Corporación municipal aprobou tamén a moción socialista que lle reclama ao goberno autonómico unha partida de 5 millóns de euros para a cubrición dos patios dos 17 centros escolares da cidade.
luns, 24 feb 2020
Abel Caballero avanzou que o vindeiro mércores o Consello da Xerencia de Urbanismo dará luz verde á addenda que modifica o convenio entre ADIF, Concello e Xunta de Galicia e que totaliza 21,4 millóns de euros
xoves, 20 feb 2020
Abel Caballero apunta que a Lei 3/2016 permite a petición dos informes durante o período de exposición pública polo que esixe celeridade ao goberno autonómico, dada a importancia de Conxemar como “feira económica de rango mundial”.
martes, 18 feb 2020
A concelleira de Urbanismo, María José Caride, demandou ao goberno autonómico que promova a “licitación inmediata” das obras de ampliación do recinto feiral, que é importante para a economía da cidade.
luns, 17 feb 2020
Abel Caballero desprázase este luns a Madrid, onde se reunirá co director xeral de Aviación Civil do Ministerio de Transportes, Raúl Medina, con quen analizará o que corresponde á navegación aérea na cidade. Aviación Civil recibirá do rexedor a documentación previa do novo PXOM para a emisión dos informes preceptivos.
venres, 14 feb 2020
A Xerencia de Urbanismo prevé aprobar inicialmente este proxecto que supón a primeira actuación no ámbito da Ordenación Provisional e que o alcalde valora como “un gran desenvolvemento”.