luns, 1 mar 2021
Abel Caballero insiste na necesidade de apurar a ampliación do Ifevi dado que os prazos que prantexa a Xunta “van moi xustos” cando anuncia que os traballos van a comezar en maio. Lembra a importancia de que este proxecto estea listo para a próxima edición de Conxemar.
luns, 1 mar 2021
O alcalde enviará unha carta ao ente notificándolle a intención municipal de alugar unha quincena de locais comerciais e de oficinas, actualmente desocupados, para "dinamizar o Casco Vello" e polos que aboaría 30.000 euros anuais.
luns, 1 mar 2021
No centro, a obra discorre baixo terra co cimentado do trazado do paso inferior, cos micropilotes de suxeición xa instalados e a monitorización de “centos de vivendas e locais comerciais” para rexistrar eventuais alteracións. En Lepanto, o Concello está colocando os pilotes na entrada do túnel á autoestrada.
martes, 23 feb 2021
O proxecto gañador do concurso de ideas inclúe dous ascensores e prevé un novo miradoiro na conexión con Vía Norte. Trátase, en verbas do rexedor, dunha “escultura cun deseño excepcional” que estará operativo nun prazo estimado de dous anos e que conta cun orzamento de 7,2 millóns.
venres, 12 feb 2021
A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, explicou este venres que o goberno municipal concedeu a licenza de demolición aos propietarios en xullo de 2020, cando recibiron a autorización de Patrimonio da Xunta de Galicia logo de oito anos de procedemento coa administración autonómica.
xoves, 11 feb 2021
Caballero deu conta esta mañá da sentenza “categórica e contundente” do TSXG que desestima a pretensión da Xunta de paralizar a ramplas da Gran Vía. En rolda de prensa, insistiu en que a negativa a autorizar este proxecto foi “premeditada e planificada” por Feijóo ao que esixiu “pedir perdón á cidade”.
martes, 9 feb 2021
A Xerencia de Urbanismo celebrada este martes tomou coñecemento das resolucións municipais de inicio dos expedientes para subvencionar a iluminación de inmobles catalogados e a colocación de elevadores e mellorar á accesibilidade en edificios antigos, ambas convocatorias correspondentes ao presente ano, informou Abel Caballero.
venres, 5 feb 2021
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de comunicar ao Concello de Vigo unha sentenza que desestima un recurso interposto contra o instrumento de ordenación provisional aprobado polo Pleno do 24 de xullo de 2019.
martes, 2 feb 2021
O concurso de ideas para o deseño do elevador entre a rúa García Barbón e o Centro Vialia estará resolto nun prazo aproximado de dúas semanas. As sete propostas recibidas cumpren os criterios e o xurado voltará a reunirse o día 11 de febreiro.
venres, 29 xan 2021
A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo aprobará a vindeira semana a declaración de Área de Rehabilitación Integral (ARI) para os grupos de vivendas de Beiramar, Espiñeiro (Teis), San Pablo (Teis) e San Roque. En total son 807 vivendas agrupadas en 100 bloques de edificios con una superficie de 51.827 m² que poderían acollerse a axudas.