As seis oficinas de Turismo de Vigo abren dende mañá e ata o domingo 23 de marzo con motivo da Semana Santa

venres, 14 mar 2008

As seis oficinas de Turismo de Vigo están xa preparadas para afrontar a nova temporada turística de Semana Santa, segundo anunciou este venres o tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, xa que abren dende mañá, 15 de marzo, e ata o vindeiro día 23. A apertura das oficinas engádeselle os servicios especiais que terán lugar do día 19 ao 23 co Bus Tturístico e as rutas guiadas gratuítas pola cidade.

O Salón das Denominacións de Orixe chegará o IFEVI o día 15

xoves, 4 out 2007

O IV Salón das Denominacións de Orixe e Calidade abrirá a súas portas do 15 ó 17 de outubro nas instalacións do IFEVI. A feira, un referente na delicatessen contará con máis de 100 expositores de diferentes sectores cunha participación importante de empresas galegas e portuguesas que apostan polos productos alimenticios de calidade.

"100 minutos" para coñecer mellor Vigo

xoves, 2 ago 2007

O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, presentou este xoves no Concello a iniciativa da Concellería de Turismo "100 Minutos", que comezará a semana que vén e que consistirá en diferentes rutas turísticas para que os nosos visitantes coñezan mellor a cidade de Vigo.