Inauguración do alumeado de Nadal <br />

xoves, 4 dec 2003

A Concellería de Turismo e Comercio e as asociacións de comerciantes da cidade porán en funcionamento o alumeado do Nadal 2003 o vindeiro día 5 de decembro, ás 20.00h. A Concelleira de Turismo e Comercio en funcións, María Xosé Porteiro, acompañada pola Presidenta de FECOVI, Encarna Alvarez, e os Presidentes das Asociacións de Comerciantes de Teis, Travesas, Bouzas, Calvario, Príncipe, Zona Centro e Casco Vello procederán á inauguración do alumeado, realizando un percorrido polas prinicpais rúas do centro da cidade.

I Gala Anual do Comercio

xoves, 4 dec 2003

O Centro Cultural Caixanova acolle a I Gala Anual do Comercio, patrocinada pola Concellería de Comercio, Caixanova e maila Consellería de Innovación Industria e Comercio.O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, pechará este acto, no que se espera a asistencia de máis de 400 comerciantes, así como a actuación do grupo de música celta AVALON.

Marcha ciclista "Vigo, a golpe de pedal"

venres, 10 out 2003

Os amigos e amantes da bicicleta teñen unha cita este domingo nas rúas da cidade na marcha ciclista "Vigo , a golpe de pedal" que organiza a asociación do mesmo nome coa colaboración da Concellería de Turismo e Comercio. A cita o día 12 ás 10.30 horas na praza do Rei.

A Concellería de Comercio aposta pola viabilidade do Mercado do Berbés

mércores, 8 out 2003

O concelleiro de Comercio, Lois Pérez Castrillo, realizou unha visita de inspección ó Mercado do Berbés para constatar o estado das instalacións do mesmo e as obras realizadas recentemente no mesmo.O concelleiro estivo acompañado da presidenta da Asociación de Comerciantes do mercado, María Teresa Vázquez e a xerente do mesmo, Inmaculada Marín Gómez.