Anuncio de Turismo e Comercio
xoves, 25 set 2003
Comunícase a todas as asociacións de comerciantes, veciñais ou doutra índole interesadas en acollerse á gratuidade do consumo da iluminación do Nadal 2003, que o prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 15 de outubro.
luns, 15 set 2003
A Comisión e Goberno aprobou hoxe a o prego de condicións técnicas para a contratación dun estudio de viabilidade para o Mercado de Abastos do Berbés con propostas de remodelación e programa de actuacións a corto, medio e longo prazo.
xoves, 10 xul 2003
A Concellería de Turismo e Comercio prepara a candidatura da cidade para formar parte do "Spain Convention Bureau". Pretende promocionar a cidade de Vigo e as súas infraestructuras para acoller a celebración de congresos e aglutinará empresas, institucións e organismos que lles proporcionarán unha oferta conxunta aos seus organizadores.
martes, 15 abr 2003
A Concellería de Turismo e Comercio patrocina, xunto con Caixanova e a Consellería de Innovación e Turismo, a campaña "Mercados, centros de moda".
martes, 18 mar 2003
O bus promocional da Concellería de Turismo visitará quince cidades do Estado para dar a coñecer a oferta turística viguesa. Este ano o autobús amplía a seu percorrido a cidades galegas, comezando o 19 de marzo pola Coruña e rematando o 5 de abril en Barcelona.