martes, 17 feb 2004
A Concellería Comercio ven de presentar unha solicitude de subvención á Consellería de Innovación, Industria e Comercio para realizar investimentos nos mercados de O Progreso, Teis, Bouzas e Berbés, e segundo aprobou o luns a Xunta de Goberno Local.
xoves, 29 xan 2004
O día 31 de xaneiro ás 12,00 h. a Concellería de Turismo promocionará os recursos gastronómicos cunha degustación de productos típicos galegos para o que se contará coa axuda dunha ostreira que preparará máis de 1.000 unidades de ostras, que se servirán acompañadas de vino e queixo das diferentes denominacións de orixe galega, esta degustación, dirixida a profesionais e ó público en xeral, celebrarase no Salón de Actos do Stand Institucional de Galicia, pavillón 9, parcelas 9C310 do Recinto Feiral Xoan Carlos I.
martes, 20 xan 2004
A Concelleira de Turismo e Comercio, Lucía Molares, iniciou a pasada semana unha ronda de contactos con representantes do sector turístico e comercial, co obxecto de coñecer máis profundamente a realidade e as necesidades do sector turístico e tamén do sector comercial, íntimamente vencellado ó turismo de cidades que se está a promocionar dende a Concellería.
xoves, 4 dec 2003
A Concellería de Turismo e Comercio e as asociacións de comerciantes da cidade porán en funcionamento o alumeado do Nadal 2003 o vindeiro día 5 de decembro, ás 20.00h. A Concelleira de Turismo e Comercio en funcións, María Xosé Porteiro, acompañada pola Presidenta de FECOVI, Encarna Alvarez, e os Presidentes das Asociacións de Comerciantes de Teis, Travesas, Bouzas, Calvario, Príncipe, Zona Centro e Casco Vello procederán á inauguración do alumeado, realizando un percorrido polas prinicpais rúas do centro da cidade.
xoves, 4 dec 2003
O Centro Cultural Caixanova acolle a I Gala Anual do Comercio, patrocinada pola Concellería de Comercio, Caixanova e maila Consellería de Innovación Industria e Comercio.O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, pechará este acto, no que se espera a asistencia de máis de 400 comerciantes, así como a actuación do grupo de música celta AVALON.
luns, 27 out 2003
A Concellería de Turismo e Comercio do Concello de Vigo colaborar coas asociacións de comerciantes da cidade na decoración lumínica das rúas durante as festas do nadal, seguindo políticas de aforro enerxético e paliativas da contaminación lumínica.
martes, 21 out 2003
Potenciar o turismo na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal é un dos obxectivos fundamentais do certame Expogalaecia que se celebrará en Vigo entre os días 30 de outubro e 2 de novembro no marco da feira multisectorial Vigofeira, que alcanza su décima edición.
venres, 10 out 2003
Os amigos e amantes da bicicleta teñen unha cita este domingo nas rúas da cidade na marcha ciclista "Vigo , a golpe de pedal" que organiza a asociación do mesmo nome coa colaboración da Concellería de Turismo e Comercio. A cita o día 12 ás 10.30 horas na praza do Rei.
xoves, 9 out 2003
O Concelleiro de Turismo, Lois Pérez Castrillo, pronuncio onte a lección inaugural da Escola Superior de Turismo Welton co título "O Turismo en cifras" na que defende unha política de diversificación dos productos turísticos para paliar a estacionalidade da demanda.
mércores, 8 out 2003
O concelleiro de Comercio, Lois Pérez Castrillo, realizou unha visita de inspección ó Mercado do Berbés para constatar o estado das instalacións do mesmo e as obras realizadas recentemente no mesmo.O concelleiro estivo acompañado da presidenta da Asociación de Comerciantes do mercado, María Teresa Vázquez e a xerente do mesmo, Inmaculada Marín Gómez.