O Bus Turístico de Vigo comezará a tempada estival o 1 de xuño
luns, 30 mai 2022Abel Caballero afirmou en rolda de prensa que Vigo “é unha cidade importantísima de primeiro nivel turístico” e saudou retomar as rutas no Bus Turístico desde xuño.
Abel Caballero afirmou en rolda de prensa que Vigo “é unha cidade importantísima de primeiro nivel turístico” e saudou retomar as rutas no Bus Turístico desde xuño.
A Policía Local prosegue coas xornadas de educación viaria que imparte en centros de Primaria da cidade. Unha vez superada a pandemia, a previsión é achegar esta formación a uns 10.000 alumnos, igual que no ano 2019.
Todos os estudantes da edición de 2020 que solicitaron bolsa de inglés foron admitidos no programa municipal de inmersión lingüística, tal e como anunciou esta mañá o rexedor. Estes 767 alumnos terán cinco días a partir de mañá venres para formalizar a súa praza.
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica hoxe a norma coa que o Concello “quere garantir o uso adecuado dos espazos públicos para toda a cidadanía, regulando o uso dos VMP, de forma que prime a seguridade viaria, que é de capital importancia”.
O alcalde avanzou que o Concello actuará sobre o talude que está apuntalado por risco de derrubamento entre a Avenida de Madrid e a rúa San Roque. Propiedade de Abanca, está prevista unha actuación municipal subsidiaria valorada en 109.403,49 euros dos que unha parte xa foi transferida pola entidade financeira ás arcas públicas.
O peche será entre as 22:30 e as 5:30 da mañá os días 11 e 12 de maio con motivo da proba de fume.
A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación da contratación das obras do novo parque que albergará aos Bombeiros e Protección Civil nun edificio de case 2.000 metros cadrados, que permite a saída simultánea de ata tres vehículos.
Abel Caballero avanzou esta mañá 14 novos espazos de cor na rúas de Vigo, ao aprobarse o 8º Programa para pintado de medianeiras e outros elementos verticais sobre a vía pública. Este proxecto conta cun orzamento de 235.257 euros.
O Pleno debateu a ordenanza reguladora dos VMP, “que garante o uso dos espazos públicos para toda a cidadanía, regulando o usos destes vehículos para toda a cidadanía e primando a seguridade viaria”, defendeu Espinosa.
O Goberno local mellora a seguridade viaria e peonil nesta zona de Coia cun investimento de 39.861 euros.