venres, 26 xuñ 2020
Logo de suspenderse durante a emerxencia sanitaria, a partir do 1 de xullo as persoas usuarias deste servizo que facilita os seus desprazamentos pola cidade, volve estar en funcionamento. Ademais, a liña H1 entre García Barbón e o Hospital Álvaro Cunqueiro pasará por Torrecedeira desde o luns 29 de xuño.
venres, 19 xuñ 2020
Desde o vindeiro martes, 23 de xuño, a zona da Alameda será semipeonil, de maneira que os peóns terán prioridade, quedando limitada a circulación de vehículos a residentes, acceso a garaxes, servizos como o transporte público, persoas de mobilidade reducida ou carga e descarga
mércores, 17 xuñ 2020
Abel Caballero reuniuse este mércores por vídeo conferencia con José Manuel Suárez, presidente de A Golpe de Pedal, e con Laura Vergara, coordinadora nacional de Conbici, para abordar a potenciación da bicicleta na cidade.
venres, 12 xuñ 2020
Abel Caballero informou este venres de que o transporte urbano municipal recuperará o vindeiro luns o 100% do servizo con todas as medidas de seguridade e hixiene establecidas polo Ministerio de Sanidade. Ademais, ao longo da semana tamén comezará o servizo ás praias.
luns, 8 xuñ 2020
Segundo trasladou este luns o alcalde, o goberno de Vigo vén de asinar o anuncio das prazas convocadas, unha vez derrogada a suspensión dos procedementos administrativos polo Covid-19. O Concello retoma a oferta, con 62 vacantes para Policía Local e 24 máis para os Bombeiros.
luns, 8 xuñ 2020
Abel Caballero informou este luns de que o transporte urbano municipal recibiu o Certificado de Boas Prácticas de Aenor pola xestión dos posibles riscos derivados da Covid-19. A certificadora revisará trimestralmente o cumprimento “escrupuloso” deste protocolo.
venres, 5 xuñ 2020
O goberno local aprobou esta mañá a prórroga por cinco anos da concesión do transporte público ao tempo que paraliza o proceso dunha nova licitación que tiña practicamente ultimada. A incerteza xerada pola pandemia respecto do uso do transporte público obriga ao Concello a postergar a convocatoria dun novo concurso polo “risco” de que, se non se presentan empresas, a cidade puidera quedar sen este servizo esencial.
venres, 29 mai 2020
Aprobada pola Xunta de Goberno Local, a medida entrará en vigor este luns 1 de xuño e pon fin á pausa do servizo ordenada o 18 de marzo polo estado de alarma. Coa paulatina apertura da mobilidade e a actividade industrial e comercial, cesan as causas que motivaron a suspensión da XER.
xoves, 28 mai 2020
A fase 2 da desescalada e o bo tempo enche as praias viguesas de paseos e bañistas e o Concello de Vigo utilizará esta fin de semana os altofalantes de Samil para advertir da necesaria distancia interpersoal de dous metros. En función do clima, o alcalde non desbotou adiantar a parcelación dos areais prevista para o 15 de xuño.
martes, 26 mai 2020
O alcalde explicou que a decisión se toma dada a recuperación da actividade comercial e de hostalería pola que se está detectando rotación no uso dos aparcamentos regulados.