Escoitar

A cidade celebra o San Xoán con fogueiras e sardiñadas

O alcalde deu conta das 23 solicitudes recibidas no Concello para a organización na noite deste venres 23 de xuño das cacharelas do San Xoán e das 16 peticións de sardiñadas.

xoves, 22 xuñ 2023

Unha vez rexistradas as 23 solicitudes de fogueiras e as 16 de sardiñadas, os eventos serán revisados con antelación polo Servizo municipal de Extinción de Incendios e Salvamento que se encarga de velar polo correcto desenvolvemento do evento.

Tal e como explicou Abel Caballero, todas as celebracións da noite de San Xoán deben respectar as normas recollidas no bando municipal: teñen que estar separadas un mínimo de 12 metros de edificios, árbores ou mobiliario urbano, excepto no centro urbano; quedan prohibidas as fogueiras nas praias, parques e xardíns de titularidade municipal, excepto no ámbito do Centro histórico; non se permiten fogueiras en lugares próximos á liña eléctrica, inmobles, zonas verdes ou emprazamentos onde poidan crearse situacións de perigo e tampouco poderán queimarse materiais ou produtos contaminantes. A hora límite para as celebracións é as 4 da madrugada.

O goberno municipal está “preparado” para a noite de San Xoán coa posta en marcha dun reforzo policial con 39 efectivos operativos para a noite do 23 de xullo e está disposto un reforzo do servizo de limpeza con 12 persoas en praias.

Amais, vai incrementarse o servizo de transporte urbano. Mañá venres haberá un servizo especial co reforzamento da liña nocturna N1, que terá unha frecuencia de paso de 20 minutos en zonas como o centro, Coia, Bouzas ou Samil. Amais, desde as 19:00 horas todas as liñas regulares a Samil dispoñerán dun servizo de reforzo. Na parada de Choróns, a frecuencia media será de 17 minutos (liñas 15A, 15B e 15C); en Policarpo Sanz tamén será de 17 minutos (liñas 10, 15B e 15C) e, en En Praza América, de 20 minutos (liñas 10 e 15A).

 

Descargar todas as imaxes