Escoitar

O Concello coopera na organización esta fin de semana da quinta edición de The Wild Fest

Do 23 ao 25 de xuño o Parque Forestal de san Miguel de Oia (Vigo) acolle The Wild Fest, festival que combina música, cinema e deporte na natureza. Ángel Stanich, Sés, Biznaga e Zeltia Irevire encabezan o cartel musical. A entrada é gratuíta venres e domingo e de pago o sábado. Entradas dispoñibles en https://thewildfest.com/entradas/.

xoves, 22 xuñ 2023

Mañá, venres 23 de xuño, comeza a quinta edición de The Wild Fest que esta mañá foi presentada en rolda de prensa no Concello de Vigo, colaboradores un ano máis co certame desde a Concellería de Medio Ambiente. O festival, que se celebra no Merendeiro de San Miguel de Oia, é unha das propostas máis singulares do verán pois combina un potente cartel musical con actividades únicas como proxeccións
de cine medioambiental, carreira canina e ximcana de orientación.

A concelleira de medio ambiente Nuria Rodríguez resaltou a capacidade de The Wild Fest para “defenter a economía circular e promover a educación medioambiental para todos os públicos”, facendo referencia ao esforzo da organización por programar
actividades tanto para adultos como para público miúdo.

Natureza
O festival traballa desde a súa primeira edición en organizar actividades de promoción e aprendizaxe sobre sustentabilidade e coidado da natureza. Exemplo disto é o certame de cine The Wild Cinema, que este ano proxectará máis de 20 curtametraxes internacionais, chegadas dalgúns dos festivais de cine máis importantes do mundo. O fío conductos da programación é poñer en valor e concienciar sobre a acción humana
nos mares, ríos e montes.


Tamén aposta por programar actividades de ocio activo na natureza que conciencian ás persoas sobre o valor da contorna natural. The Wild Fest mantén a actividade Orientaventura e renova a súa oferta con Wild Dog Race, unha carreira e andaina na que as persoas participan acompañadas dos seus cans.

Cartel
O apartado musical é un dos máis chamativos do cartel, con importantes artistas nacionais e galegos. Ángel Stanich, Sés, Biznaga actuarán o sábado, mentres que Zeltia Irevire subirase ao escenario para poñer música ao vermú do mingo. O venres, día de San Xoán tamén haberá música, coa final do concurso de bandas locais SALVAXESONS, no que participan Carla Lourdes, The Mob Swing, Blue Merrow, Abrigo e The Mirror. Os máis festeiros poderán continuar, tanto o sábado como o domingo, con sesións DJ despois dos concertos.

 

 

 

Descargar todas as imaxes