O Concello retoma os programas de educación viaria para escolares
O alcalde anunciou que o parque de tráfico de O Castro volverá a abrir para a formación en seguridade viaria dos alumnos de 6º de primaria dos colexios de Vigo.

Os escolares de 6º de primaria de Vigo volverán ao parque de tráfico de O Castro para realizar actividades formativas e lúdicas en canto a seguridade viaria.
Abel Caballero anunciou a reapertura para esta actividade, que pechou na pandemia por mor da seguridade e prevención. “Agora retomamos a formación no parque de tráfico de O Castro, unha actividade lúdica e educativa”
O programa está programado para os martes e xoves de cada semana, cunha duración de 3 horas, entre as 10 e as 13 horas. O obxectivo é fomentar a importancia do uso da bicicleta como vehículo de mobilidade sostible. O alumnado tamén aprenderá a utilizar o casco correctamente así como nocións de mantemento e bo funcionamento da bicicleta. Amais, os mozos e mozas mellorarán a súa destreza con exercicios prácticos.