Concello e Marisquiño rubricarán o convenio para a celebración do evento
A achega municipal, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, ascende a 1.140.000 euros, o que garante a continuidade do festival en Vigo.

A Xunta de Goberno aprobará o convenio para a celebración do festival O Marisquiño o 11 e 12 de agosto. Abel Caballero deu conta do importe, que ascende a 1.140.000 euros, en colaboración coa Deputación de Pontevedra que aporta 180.000 euros.
O alcalde manifestou nas súas declaracións que “isto garante a celebración do Marisquiño en Vigo” e lamentou que “a Xunta, que aportaba ao redor de 300.000 euros, este ano non aporte nada”.