As reservas para o concerto de Bad Gyal, á venda o 4 de agosto
O alcalde avanzou que as reservas para a platea do Auditorio de Castrelos quedarán a disposición do público, de forma presencial e na web www.vigoenfestas.com, este venres 4 de agosto.
O alcalde avanzou que as reservas para a platea do Auditorio de Castrelos quedarán a disposición do público, de forma presencial e na web www.vigoenfestas.com, este venres 4 de agosto.
A última fin de semana de xullo rexistrou a ocupación máis alta do mes, cun 86,5% de ocupación hoteleira. Abel Caballero deu conta dos datos de turismo e cualificou a cidade “como destino turístico de primeira magnitude”. O rexedor di que se está a rexistrar unha alta ocupación hoteleira, “en Nadal porque é Nadal, en verán porque é verán e nos fines de semana de todo o ano porque son fines de semana. Isto quere dicir que somos unha gran potencia turística”.
Abel Caballero deu os seus parabéns ao campión de España Adultos II de Latinos, Ismael Pardo, que foi o vencedor xunto á súa parella de Praga, Julie Sorokolit, nesta modalidade de baile. O campionato celebrouse en Alicante a finais de xuño e Ismael Pardo fíxose coa primeira posición entre máis de 1.700 participantes. É a primeira vez que un club vigués consigue esta distinción e cunha vitoria plena, con 5/5 bailes no primeiro posto. Ismael Pardo acudiu xunto Emma López, técnico do Clube de Baile Deportivo ao Compás.