Escoitar

Aprobada en pleno a Conta Xeral do Concello do ano 2022

O edil de Facenda expuxo uns resultados “que foron positivos tanto no micro como no macro”. Tamén o goberno local deu conta do informe trimestral de Tesourería correspondente ao 2º trimestre de 2023.

luns, 31 xul 2023

O goberno local aprobou a Conta Xeral do Concello e da Xerencia Municipal de Urbanismo correspondente ao ano 2022. O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, expuxo no pleno “os bos resultados tanto no micro como no macro”. Deste xeito, reivindicou a execución do orzamento “para mellorar os servizos e infraestruturas da cidade”. O edil tamén manifestou a cidadanía de Vigo recibe máis en servizos e melloras da cidade do que aporta en termos de impostos: “Temos unha presión fiscal baixa”, afirmou. Aneiros exemplificou isto en políticas como o Vigo en Inglés ou as becas para libros de texto, así como en facer a cidade atractiva, non só para os turistas se non tamén para os residentes.

Informe Tesourería 2º trimestre

O Concello fixo no segundo semestre do ano 2023 1.528 pagos por valor de máis de 55 millóns de euros en contratos segundo o informe de Tesourería do 2º trimestre. Isto, sumado ao primeiro trimestre, suma 90 millóns de inversión do orzamento municipal desde o comezo do ano, “só relativo aos capítulos 2 e 6, onde habería que sumar as subvencións”, explicou o concelleiro responsable.

Aneiros tamén puxo de manifesto o pago a provedores que o Concello resolve nunha media de 10 días fronte a outras cidades como Santiago (71), Pontevedra (20), Lugo (15), ou Madrid (24), Murcia (31), ou Valencia (23). “Isto amosa un uso adecuado dos recursos públicos. Temos cubertas as necesidades na Tesourería e isto permítenos pagar pronto”.

Fronte ás criticas do Grupo do BNG sobre a concesión de subvencións, o edil de facenda respondeu: “Da pretensión de dar sombras sobre as luces que ten a xestión economica municipal goberno, dicir que se controla todo, se cumpre normativa vixente, temos as ratios máis altas de transparencia e de dación de contas aos órganos que avalían e reavalían e todo sempre dentro da máis estrita legalidade”.

O Grupo do Partido Popular decidiu non intervir nesta cuestión.

Descargar todas as imaxes