Dreambech chega a Castrelos con David Guetta como artista principal
Abel Caballero anunciou esta mañá a chegada deste show a nosa cidade, cun evento de 4 horas o vindeiro domingo 20 de agosto en Castrelos

O cartel do show Dreambeach tamén estará composto por Groove Amigos, artista local con percorrido internacional; o chileno Francisco Allendes e o británico Nic Fanciulli, dous DJ's de talla mundial. O espectáculo terá unha duración de 4 horas e dará comezo ás 20:30 horas do 20 de agosto no Auditorio de Castrelos.
O artista principal, David Guetta, é o cuarto artista máis escoitado en Spotify a nivel mundial. Ademáis conta con máis de 7 millóns de copias vendidas entre todos os seus álbums e foi recoñecido como mellor DJ do mundo en varias ocasións pola prestixiosa revista "DJMag".

