xoves, 27 xul 2023
O alcalde acudiu á presentación dos 38 proxectos presentados ao concurso de ideas posto en marcha polo CSIC para a construción do novo Instituto de Investigacións Mariñas na ETEA, en Teis. Abel Caballero felicitou aos gañadores, os estudos navarros Pereda Pérez e MRM, e louvou a acción que se está a desenvolver neste ámbito: "Todos e todas xuntos seguiremos facendo da ETEA un ámbito de investigación mariña de ámbito mundial. A ETEA é un espazo para as persoas, Vigo vivirá aquí dentro", concluíu na súa intervención. Caballero quixo agradecer ao Ministerio de Ciencia, encabezado por Diana Morant, a súa implicación con este proxecto e a aposta polo sector marítimo e a investigación en Vigo. Ao acto acudiron representantes do CSIC, o arquitecto británico David Chipperfield e outros representantes do sector, así como os participantes no concurso de ideas e outras autoridades.
xoves, 27 xul 2023
O rexedor acudiu esta mañá ao acto de presentación que se realizou no hotel Los Galeones, no que estaba presente o director do torneo, Pablo González, e o presidente da Federación Galega, José Mosquera Casero. O Concello é o patrocinador principal deste evento, que contará cunhas 60 raquetas entre o cadro clasificatorio e a fase principal.