A Coral Casablanca, o 29 de xullo en Castrelos con entrada libre ata completar aforo
Abel Caballero informou este mércores da celebración do concerto da Coral Casablanca e orquestra, que será presentado por Carlota Corredera e para o que non será preciso adquirir reserva.
A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar a organización do concerto da Coral Casablanca que terá lugar no Auditorio municipal de Castrelos este sábado 29 de xullo, que será de acceso libre ata completar o aforo na platea.
O alcalde animou á cidadanía a “gozar dun concerto excepcional”, que poderán seguir sentados, xa que se dispoñerán 2.500 cadeiras na platea de Castrelos. O resto do público poderá velo desde a bancada do auditorio.
O recital da Coral Casablanca e orquestra, enmarcado no programa Vigo en Festas 2023, será presentado por Carlota Corredera, Viguesa Distinguida, e que desde o seu traballo nas televisións nacionais contribuíu á potenciación da imaxe de Vigo, sinalou Caballero.