Dreambech chega a Castrelos con David Guetta como artista principal
Abel Caballero anunciou esta mañá a chegada deste show a nosa cidade, cun evento de 4 horas o vindeiro domingo 20 de agosto en Castrelos
Abel Caballero anunciou esta mañá a chegada deste show a nosa cidade, cun evento de 4 horas o vindeiro domingo 20 de agosto en Castrelos
A Xunta de Goberno aprobou a licitación cun importe de case 400.000 euros para a iluminación do Monte da Guía. O alcalde tamén deu conta da aprobación definitiva á urbanización dos polígonos 2A e 2B do Plan Parcial de Navia que albergará novas vivendas e para o que o goberno local reclama un novo instituto.
O rexedor achegouse esta mañá a inauguración da exposición, que ten como obxectivo recuperar e visibilizar a produción artística de Elina Molins e Blanca Chao, ás que Caballero quere render homenaxe a través de dúas rúas que leven os seus nomes, xa que como destacou "a cultura acaba de recuperar a obra de dúas artistas que estiveron ocultas durante anos. Os seus nomes estarán nas rúas da cidade como a de tantos artistas masculinos". No acto estivo acompañado pola tenente de alcalde, Carmela Silva, e polo concelleiro de Cultura, Gorka Gómez; así como polo comisario da exposición, José Luis Mateo, e familiares das pintoras.