Escoitar

O XXV Torneo Internacional Cidade de Vigo femenino arrinca en Samil o 20 de agosto

O rexedor acudiu esta mañá ao acto de presentación que se realizou no hotel Los Galeones, no que estaba presente o director do torneo, Pablo González, e o presidente da Federación Galega, José Mosquera Casero. O Concello é o patrocinador principal deste evento, que contará cunhas 60 raquetas entre o cadro clasificatorio e a fase principal.

xoves, 27 xul 2023

O Internacional de tenis feminino ten orixe nos anos 90’ no Clube de Campo (1989-1999), a través da iniciativa privada. A Federación Galega continuouno xa en Samil de 2000 a 2011, ano no que pola falta de patrocinio privado, cancelouse. Caballero destacou que “no ano 2021 o Concello de Vigo decidiu darlle respaldo a Federación Galega para recuperalo”.

Os días 20 e 21 de agosto xogarase a fase clasificatoria, para arrincar cos cadros principais (tanto individual como de dobres) dende o 22 ata o 27 de agosto, día en que se xogarán as finais.

O torneo conta con puntos WTA en xogo, un reclamo máis para que sexa un escaparate para tenistas de 30 países, que acudirán a competir na nosa cidade. O campionato dispútase no complexo de Samil, con entrada libre para o público que queira achegarse a desfrutar do deporte da raqueta.

Descargar todas as imaxes