Vigo bate récords de turismo nun mes de xuño
O alcalde deu conta dos datos do Instituto Nacional de Estatística nos que Vigo rexistro unha suba de turistas récord nun mes de xuño, superando case nun 20% os datos de 2019 e 2022. Os hoteis chegaron ao 80% de ocupación durante a ponte do 25 de xullo.

Os datos de turismo do Instituto Nacional de Estatística rexistran unha suba dos viaxeiros no mes de xuño. Abel Caballero deu conta da suba nun 17,8% con respecto a 2019 e un 19,3% máis que no 2022. “Estes datos son un récord da serie histórica”, subliñou o alcalde.
Xuño rexistrou unha suba tanto nos turistas nacionais como estranxeiros, un 16,33 e un 20,20% respectivamente. O acumulado no que vai de 2023 tamén supón unha cifra récord para o turismo de Vigo. Outra marca a sinalar é a de pernoctas dos estranxeiros, cun 8,95% máis que no 2019.
Ponte do 25 de xullo
Caballero cifrou a ocupación hoteleira na ponte do 25 de xullo en máis dun 80%. “Seguro que moitas persoas quedaron na súa casa con motivo da convocatoria de Eleccións Xerais”, expresou o alcalde.