A Panorama e o Combo Dominicano actuarán o 1 de agosto no exterior de Balaídos
O alcalde anunciou este novo concerto dentro do programa Vigo en Festas que terá una duración de 4 horas no exterior de Balaídos. Beret actuará en Castrelos o 22 de agosto.
![Actuación de El Combo Dominicano en Balaídos en abril de 2023](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/MsqIyWXMAls4DoR0roUdTFw5yTfDSwgFzT1vpi0R.jpeg)
A Panorama e o Combo Dominicano actuarán no exterior de Balaídos, fronte á grada de Tribuna, dentro da programación de Vigo en Festas o martes 1 de agosto. O alcalde anunciou a contratación das orquestras para un show de 4 horas que dará comezo ás 20 horas. “Primeiro actuará o Combo Dominicano e logo a Panorama”, informou en declaracións.
Cambio de data para Beret
Abel Caballero tamén anunciou que a Xunta de Goberno aprobou a contratación do concerto de Beret en Castrelos. Finalmente o evento será o martes 22 de agosto no Auditorio de Castrelos.