O alcalde recibe aos integrantes de Portugal do proxecto europeo de mobilidade IN2CCAM
Abel Caballero recibiu á delegación dunha vintena de técnicos e responsables de mobilidade de catro cidades portuguesas e dous comunidades intermunicipais que participan xunto con Vigo no proxecto europeo para a mellora do tráfico IN2CCAM. Vigo é pioneira en tecnoloxías aplicadas á mobilidade.
O alcalde recibiu a 24 técnicos e responsables de mobilidade das cidades portuguesas de Braga, Barcelos, Guimaraes e Famaliçao, e dous comunidades intermunicipais, Cávado e Ave. Estes municipios participan xunto a Vigo no proxecto europeo para a mellora da mobilidade e o tráfico nos municipios IN2CCAM, onde tamén participan outras 22 entidades de distintos países: Alemaña, Italia, Finlandia, Bélxica, Luxemburgo, Turquía e Grecia.
Estes integrantes chegan a Vigo para coñecer de primeira man as tecnoloxías que emprega a cidade, pioneiras en Europa, en canto á mobilidade e a regulación do tráfico: “Intercambiamos información e datos para a mellora da mobilidade urbana”, expresou o alcalde, que está a recopilar a información con dous vehículos conectados que atenden a todos os actores que poden atopar nas rúas.
Abel Caballero explicou que este proxecto europeo ten unha duración de tres anos nos que haberá una recolección, recollida e sistematización da experiencia de información do tráfico, con estratexias de xestión en vías urbanas e formas de controlar a mobilidade”.
Caballero cualificou de “laboratorio vivo e excepcional” a idea do IN2CCAM, co que se dará servizo a flotas de vehículos municipais como bombeiros, policías e a toda a cidadanía. Con isto, o alcalde empraza a solicitar máis proxectos europeos neste eido para avanzar cara a mellora da regulación do tráfico.