Escoitar

O alcalde prevé unha “colosal” Papanoelada moteira 2022

A tradicional cita de Nadal dos Papá Noel moteiros desenvólvese o próximo sábado 17 de decembro con saída desde Navia e percorrido polo centro da cidade.

venres, 9 dec 2022
Imaxe da Papanoelada de 2021
Imaxe da Papanoelada de 2021

“Vai ser colosal porque temos moitas ganas” avanzou o rexedor que celebrou o desenvolvemento da Papanoelada moteira de tradición xa na cidade e con éxito de convocatoria cada ano.

O alcalde avanzou que a saída da comitiva será o vindeiro sábado 17 de decembro ás 16 horas en Navia, na rúa Pedra Seixa. O percorrido de aproximadamente dúas horas divídese en dúas etapas: a primeira desde Pedra Seixa, rúa Das Ufas, Teixugueiras, Ricardo Mella, Caramuxo, Avenida da Florida, Praza América, Gran Vía ascendente (pasando polo túnel), Gran Vía descendente, Venezuela e parada á altura dos Salesianos para a recepción que celebrará o Concello.

Logo deste acto do goberno municipal, a Papanoelada a segunda etapa do percorrido na Avenida de Camelias, Álvaro Cunqueiro, Camelias (pasando polo túnel), Avenida de Castelao, Avenida de Europa (con xiro á esquerda pasada a glorieta da VG20), Teixugueiras, Limpiño e remate en Pedra Seixa.

O Concello poñerá o autobús turístico de Vigo a disposición da organización para que poida ser empregado polos máis pequenos da Papanoelada.

Descargar todas as imaxes