O alcalde visita a fábrica de Papá Noel no Centro Comercial Travesía
Abel Caballero participou este venres na inauguración da “fábrica da maxia” na que Papá Noel prepara os agasallos para as nenas e nenos da cidade “que se portaron moi ben este ano polo que deben recibir todo o que pediron”. Acompañaron ao rexedor a xerente de Travesía, Angélica Falagan, o concelleiro de Comercio, Ángel Rivas, e un grupo de escolares do CEIP Frián Teis que coñeceron a oficina postal, viron como se fabrican os regalos, subiron ao trineo e viviron unha morea de sorpresas durante o percorrido. A fábrica poderá visitarse do 9 ao 23 de decembro con reserva previa.





