O alcalde eloxia e agradece a labor da axente da Policía Local que salvou a vida dun bebé

venres, 21 feb 2020

Abel Caballero agradeceu esta mañá á policía local María Jesús Antúnez que salvara a vida dun bebé que se estaba asfixiando e para o que a súa nai pedía axuda na tarde do xoves na rúa Pino. O alcalde eloxiou os reflexos e o bo facer desta axente recentemente incorporada ao corpo de seguridade municipal e que neses momentos estaba fóra de servizo.

O Concello suma outros 16 espazos ao programa de arte urbana “Vigo cidade de cor”

xoves, 13 feb 2020

Abel Caballero informou este xoves da aprobación do proxecto da sexta edición desta iniciativa, que inclúe dezaseis novos murais na cidade e a recuperación e consolidación dalgúns de anos anteriores. Sumados os realizados nos colexios, Vigo contará este ano con 133 obras nas súas rúas froito deste programa municipal.

O alcalde felicita á Policía Nacional no 196 aniversario da súa creación

venres, 24 xan 2020

Abel Caballero participou este venres na Comisaría de Vigo-Redondela no acto de conmemoración do 196 aniversario da creación da Policía Nacional no que recibiron diplomas varios axentes que veñen de xubilarse a quen felicitou o rexedor. No seu discurso, Caballero recoñeceu o traballo que desenvolve o Corpo "desde a Lei e a Constitución como vertebrador das cidades" e puxo en valor a súa creación "como unha forma de entender a modernidade, a convivencia, as novas necesidades e valores" destacando a profesionalidade dos axentes da Policía Nacional.