venres, 2 feb 2024
                    Nun acto celebrado no parque de A Bouza, onde se atopa unha das zonas húmidas máis representativas da cidade de Vigo, Abel Caballero transmitiulle os máis novos a importancia da "reciclaxe no fogar", para "ser moi coidadosos coa biodiversidade que conteñen as zonas húmidas de auga doce". O municipio vigués conta con diversas zonas húmidas de auga doce, que ocupan máis de 200.000 m2, co que se traslada o alumnado da cidade o obxecto de por en valor as zonas húmidas como ecosistema a preservar. No causo da Bouza "atopamos moita variedade vexetal", contando con salgueiros, amieiros, hedras, xaros, fentos femia ou especies do xénero Carex, entre outras.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    venres, 12 xan 2024
                    O rexedor reclama á Xunta  información diaria sobre a crise dos pellets e solicita colaboración na prevención porque  “na crise da marea plástica a Xunta de Galicia non fixo practicamente nada nas 56 praias de Vigo”. Trasladou o seu agradecemento aos voluntarios.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    venres, 15 dec 2023
                    Vigo aumenta o número de sendeiros azuis coa incorporación, aos catro xa existentes, da Senda de Ribeira polo río Lagares. Así o anunciou este venres o alcalde ao detallar que se trata dun paseo de 11,8 quilómetros, desde a rúa Manuel Álvarez ata a desembocadura.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    xoves, 14 dec 2023
                    Abel Caballero anunciou que a Xunta de Goberno aprobará este venres a adxudicación das obras para a rexeneración de Samil no tramo que comprende desde a praia da Fonte ata a zona da pista de patinaxe. O goberno local investirá 1.800.000 euros nun proxecto conxunto co goberno de España que abordará a recuperación da zona de praia e o novo paseo cun importe de 2.126.150 euros.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    martes, 28 nov 2023
                    O goberno local ofrece un curso de iniciación á poda de árbores o 2 de decembro en VigoZoo. Esta formación ten un aforo de 20 persoas e as persoas interesadas deberán inscribirse na taquilla de VigoZoo ou no número de teléfono 986 267 783. O curso ten unha duración de tres horas, onde o alumnado aprenderá cando é necesario ou non podar unha árbore ou arbusto, así como coñecer como se realizan os cortes para o correcto peche das feridas de poda e evitar a entrada de patóxenos. O curso inclúe formación práctica.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    xoves, 2 nov 2023
                    O goberno local decidiu aprazar as visitas teatralizadas ao cemiterio de Pereiró programadas para o venres 3 de novembro polo temporal e as alertas decretadas pola AEMET. O Concello avisará aos inscritos para este día. Está previsto que os roteiros dean comezo unha vez rematen as alertas amarela e laranxa que se están a anunciar estes días por vento e choiva.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    martes, 31 out 2023
                    O alcalde avanzou este martes o contido das exposicións que poderán verse estes días nos camposantos municipais, que abren as súas portas con horario ininterrompido de 9 a 18:30 horas da tarde.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    luns, 23 out 2023
                    Con motivo da festividade de Todos os Santos, o Concello fixa un horario ininterrompido desde o 29 de outubro ata o 1 de novembro.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    mércores, 4 out 2023
                    Abel Caballero e os tenentes de alcaldía, Carmela Silva e Javier Pardo, colocaron este mércores a primeira pedra das obras de arranque da mellora integral do parque Nelson Mandela de Navia. Conta cun investimento de 1,5 millóns de euros.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    luns, 2 out 2023
                    Abel Caballero e as concelleiras Patricia Rodríguez e Nuria Rodríguez  presentaron este luns a campaña de concienciación cidadá “Adóptame en Vigo” para promover a adopción responsable de cans e gatos, e dar visibilidade ao problema do abandono animal.