Vigo reclama a administración galega aumentar as axudas para atender aos servizos de verán nos 56 areais da cidade

luns, 24 xuñ 2024

Aumentar a partida da axuda que a consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes concede ao concello para os servizos de praia, así como dotar ao parque natural das Illas Cíes dun servizo médico de atención fora do horario de salvamento que presta o concello. Son as dúas peticións dirixidas este luns á administración galega polos corporativos do PSdeG-PSOE e do BNG, que votaron a favor da moción presentada polo grupo municipal socialista, para demandar melloras na “paupérrima” subvención asignada a Vigo para atender ás súas 56 praias.

VigoNature desprega no verán as "Noites de astronomía" e a de "Observación das perseidas"

martes, 28 mai 2024

O parque ambiental VigoNatura completará este verán a oferta didáctica e divulgativa cun programa de actividades relacionadas coa astronomía e coa observación do ceo durante a noite. Así o avanzou este martes o alcalde ao explicar que durante os meses de xuño, xullo e agosto desenvolveranse as iniciativas “Astronomía en VigoNature. Noites astronómicas”, “Observación das perseidas”, e distintas ofertas para coñecer mellor o sistema solar e a lúa.

Caballero pon en valor o carácter xeolóxico das Illas Cíes

luns, 13 mai 2024

O alcalde saudou aos participantes do seminario "Xeodisea Cíes: unha nova mirada" co que se proporcionou unha comprensión profunda da xeoloxía única do arquipélago vigués a través das presentacións detalladas por expertos recoñecidos. Esta formación forma parte das actividades que o Concello está a desenvolver na candidatura de Illas Cíes Xeoparque Mundial da UNESCO.

Vigo, con 12 bandeiras azuis, álzase como a grande cidade española co maior número de distintivos

martes, 7 mai 2024

Vigo consolidase este ano como a gran cidade co maior número de bandeiras azuis, un total de 12, concedidas pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, ADEAC, que se suman ás dos 5 sendeiros azuis aprobados en marzo. Así o destacou este martes o alcalde ao sinalar os areais distinguidos: O Adro, A Punta, Carril, Santa Baia, A Fonte-Tombo do Gato, Argazada, Samil, Fontaíña, Vao, Canido, Fortiñón e Rodas.