O alcalde convocará o Consello Social para esixir á Xunta e a Fomento o AVE directo por Cerdedo

mércores, 1 feb 2017

O rexedor confirmou esta mañá a súa intención de convocar o Consello Social para esixir á Xunta e ao Ministerio de Fomento o AVE Vigo-Madrid directo por Cerdedo. Caballero criticou ao presidente galego e o ministro de Fomento porque obviaron esta variante do tren de alta velocidade, limitándose a asegurar que a declaración de impacto ambiental está en tramitación.

Caballero transmítelle á Cámara de Comercio a importancia do AVE para Vigo

luns, 26 dec 2016

Abel Caballero mantivo un encontro este luns co presidente da Cámara de Comercio de Vigo, José García Costas, a quen lle transmitiu a importancia da chegada á cidade do tren de alta velocidade que "neste momento se está xogando" co perigo, engadiu, de que sexa paralizado o proxecto previsto e que Vigo quede fóra desta conexión ferroviaria que marcará o futuro da urbe e da súa economía. <br />

O alcalde urxe ao Estado a aprobar "de inmediato" a avaliación ambiental do AVE por Cerdedo

xoves, 22 dec 2016

Caballero ten a "certeza" de que o Goberno de España quere deixar a Vigo sen AVE directo a Ourense e Madrid -a vía de Cerdedo-, o que está a xerar "preocupación" e o "rexeitamento" da cidade. Tras unha reunión este xoves cos responsables do Colexio de Avogados, o rexedor vigués reclamou do Estado a aprobación inmediata da Declaración de Impacto Ambiental e a contratación da conexión por Cerdedo.