O alcalde celebra que ADIF adxudique este mes o centro Vialia deseñado por Thom Mayne
Caballero desvelou este mércores unha carta remitida polo presidente da entidade, Juan Bravo, na que lle informa de que a adxudicación do proxecto Vialia da estación de Urzáiz irá ao próximo Consello de Administración de ADIF, a finais de marzo. "Estamos encantados", manifestou o alcalde: "é unha demanda histórica".<br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este mércores do contido dunha carta remitida polo presidente de ADIF, Juan Bravo, na que explica que o próximo Consello de Administración -a finais de marzo- adxudicará o proxecto Vialia da estación de Urzáiz, deseñada polo prestixioso arquitecto Thom Mayne, unha vez rematado o prazo de vinte días para presentar alegacións ao proxecto de integración da estación de autobuses e do AVE.
"Estamos encantados de que se vaia a producir a adxudicación da estación de Thom Mayne da cidade de Vigo", celebrou Abel Caballero, quen recordou que "é unha demanda histórica" dos vigueses e viguesas.