xoves, 2 mar 2017
O alcalde visitou este xoves o resultado da humanización, executada no tramo comprendido entre as rúas Barcelona e Zaragoza. Caballero salientou tanto a mellora na superficie como as renovacións das redes soterradas de servizos: abastecemento, saneamento, pluviais, gas, telecomunicacións e enerxía eléctrica.
xoves, 2 mar 2017
O alcalde anunciou este xoves a súa participación, xunto á concelleira de Urbanismo, na reunión do próximo luns, 6 de marzo, na sede de ADIF en Madrid para dar "o visto bo definitivo desde o ámbito técnico" á estación de Urzáiz. Caballero garantiu "toda a nosa cooperación" para levala adiante.
xoves, 2 mar 2017
O alcalde felicitou a un grupo de usuarios de Down Vigo que realizan prácticas en comedores de seis centros educativos da cidade polo bo resultado do seu labor. Ademais explicou que a FEMP está promovendo a inclusión de cláusulas de contido social nos contratos con reserva de prazas para persoas con diversidade funcional.
xoves, 2 mar 2017
Segundo informou hoxe xoves Abel Caballero, o goberno de Vigo vén de abrir a convocatoria para que o alumnado de 3º de ESO solicite -no Rexistro Xeral do Concello- unha das 657 prazas das que dispón este ano o programa "Vigo en Inglés".
xoves, 2 mar 2017
O Concurso-Exposición celébrase os días 18, 19 e 20 de marzo no Auditorio Mar de Vigo e outorgará premios ao conxunto de variedades e á flor individual máis destacada de todas. O prazo de inscrición remata mañá venres 3 de marzo.