Escoitar

O goberno vigués investiu 150.000 euros na humanización da rúa Tarragona

O alcalde visitou este xoves o resultado da humanización, executada no tramo comprendido entre as rúas Barcelona e Zaragoza. Caballero salientou tanto a mellora na superficie como as renovacións das redes soterradas de servizos: abastecemento, saneamento, pluviais, gas, telecomunicacións e enerxía eléctrica.

xoves, 2 mar 2017
1488463423P3033147.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este xoves a humanización executada na rúa Tarragona, no treito comprendido entre as rúas Barcelona e Zaragoza, que supuxo un investimento de 150.000 euros para catro meses de obra.

A humanización, explicou Caballero ante os medios, seguiu o modelo das reformas realizadas nos viais do entorno de POVISA, con beirarrúas de lousa de granito de tres metros de ancho, dúas bandas de aparcamento e carril de circulación. O alcalde subliñou ademais a instalación de novas canalizacións soterradas de saneamento, abastecemento e augas pluviais, rede de gas, telecomunicacións e enexería eléctrica.

A mellora da rúa Tarragona conlevou a substitución completa da instalación do alumeado público, que pasa a empregar a tecnoloxía LED. Ademais, o goberno de Vigo dispuxo de arborado, bancos e papeleiras no vial. "Seguimos no proceso de humanizacións na cidade no importante nivel no que o estamos a facer", concluíu Caballero.
Descargar todas as imaxes