Escoitar

O Concello abre o prazo para optar ás 657 bolsas de inglés para alumnado da ESO

Segundo informou hoxe xoves Abel Caballero, o goberno de Vigo vén de abrir a convocatoria para que o alumnado de 3º de ESO solicite -no Rexistro Xeral do Concello- unha das 657 prazas das que dispón este ano o programa "Vigo en Inglés".

xoves, 2 mar 2017
Desde este xoves e ata o próximo 15 de marzo, ambos incluidos, os interesados en optar ás bolsas de inglés do Concello poden presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello. Caballero anunciou a apertura da convocatoria para as 657 vacantes -"un número moi importante, máis que nunca"- das que dispón este ano o goberno vigués para alumnado de 3º de ESO.

O alcalde recordou que o investimento adicado polo goberno que preside para as estancias dos escolares ascende a 1,5 millóns de euros, e o programa municipal "Vigo En Inglés" conta tamén cunha partida de 160.000 euros máis para conceder 92 axudas a estudantes da Escola Oficial de Idiomas de Vigo. Así, o Concello outorga este 2017 un total de 749 bolsas de inglés.

Caballero apuntou que toda a información está dispoñible na web municipal www.vigoeningles.org