Escoitar

Caballero avoga pola contratación responsable no sector público e privado

O alcalde felicitou a un grupo de usuarios de Down Vigo que realizan prácticas en comedores de seis centros educativos da cidade polo bo resultado do seu labor. Ademais explicou que a FEMP está promovendo a inclusión de cláusulas de contido social nos contratos con reserva de prazas para persoas con diversidade funcional.

xoves, 2 mar 2017
1488463355down.JPG
O rexedor mantivo un encontro no Concello cun grupo de mozas e mozos de Down Vigo que realizan prácticas como monitores en comedores escolares de FOANPAS, dentro dun programa que se financia gracias ao convenio asinado polo goberno municipal coa Federación Olívica de Pais e Nais de Alumnos. Nestes momentos hai seis centros vigueses que acollen aos usuarios de Down Vigo: o CEIP Santa Tegra, EEI Hernán Cortés, CEIP Seis do Nadal, CEIP Párroco don Camilo, CEIP García Barbón e o CEIP Pintor Laxeiro

Caballero eloxiou a capacidade deste alumnado de cumprir coa súa función de "apoio, servizo e vixilancia nos comedores escolares" atendendo a nenos de entre 3 e 11 anos e apuntou a necesidade de permitir a inclusión de persoas con diversidade funcional na administración. Así, explicou que o Concello de Vigo reservou un 7% das prazas das Ofertas de Emprego Pública do Concello dos anos 2013, 2014, 2015 e 2016 para estas persoas, o que suma un total de 10 prazas.

Ademais, informou que a Xunta de Goberno da FEMP aprobou a adscrición da entidade á Asociación do Foro da Contratación Pública Socialmente Responsable (AFCPSR) coa que "queremos que os contratos das administracións locais teñan unha reserva de prazas e fomenten a responsabilidade social para darlles capacidade ás persoas con diversidade funcional de incorporarse como traballadores, se é preciso creando empregos ". Nese sentido, lembrou a necesidade de promover a inclusión de cláusulas de contido social na contratación do sector público e privado.
Descargar todas as imaxes