Escoitar

O prazo para solicitar as axudas sociais segue aberto ata o venres 3 de marzo

O rexedor explicou que nestes momentos xa se presentaron no Concello 2.100 solicitudes para percibir as axudas extraordinarias a familias para gastos de alimentación, alugueiro e enerxía e animou aos posibles beneficiarios a pedir cita previa para realizar a tramitación das mesmas.

mércores, 1 mar 2017
O alcalde lembrou hoxe de que ata este venres, 3 de marzo, segue aberto o prazo para solicitar as axudas extraordinarias a familias para sufragar gastos de alugueiro da súa vivenda co fin de evitar posibles desafiuzamentos, do subministro de enerxía e de alimentación.

Segundo expuxo, o Concello destina aos programa de axuda social un total de 2,5 millóns de euros e animou á cidadanía que poida ser beneficiaria das mesmas a que solicite cita previa a través do teléfono 010 ou da páxina web municipal para realizar a tramitación das mesmas, xa que o prazo permanecerá aberto ata este venres 3 de marzo.