O Concello concluirá en marzo as humanizacións da rúa Ferreiros e García Barbón
O segundo tenente de alcalde e concelleiro de Fomento, David Regades, explicou este martes o estado de execución das 24 humanizacións que ten o Concello en proceso. A bancada de Tribuna, Ferreiros e García Barbón concluirán en marzo; ademais, Regades anunciou para este verán o asfaltado de vías nas parroquias.
David Regades indicou que a remodelación da bancada de Tribuna, no estadio municipal de Balaídos, está na súa "fase final" e concluirá "en próximos días". Tamén para o mes de marzo está previsto que conclúan as humanizacións da rúa Ferreiros, en Bouzas, cun investimento de 150.000 euros; do Calexón de Ribeira, en Lavadores, por 100.000 euros; e a humanización de García Barbón, por enriba dos dous millóns de euros, na que falta a xardinería e pintado da vía. A rúa Brea, en Lavadores, tamén acaba a comezos de marzo.
Regades indicou que a renovación das canalizacións da rúa Bueu, orzamentada en máis de 300.000 euros, concluirá en días e, unha vez finalizada, comezará a humanización da superficie por máis de 825.000 euros. Pola súa banda, a Avenida de Galicia presenta unha execución en dúas fases, unha fase en obras para a parte das canalizacións soterradas e unha segunda de recuperación do firme, estará rematada entre marzo e abril.
Segundo detallou o segundo tenente de alcalde, a humanización da rúa Aragón, na súa fase 4, está "moi avanzada" e concluirá en abril ou maio, igual que Gregorio Espino, con máis de 500.000 euros de investimento, e Doutor Corbal, tamén sobre o medio millón de euros. A rúa Llorente, de 218.000 euros, finalizará entre abril e maio, e a Avenida Castelao, ante o colexio Celso Emilio Ferreiro, estimada para maio.
As obras en Rosalía de Castro, cun orzamento de máis de 900.000 euros, concluirán entre maio e xuño. A reforma de Estorniño estará para xuño ou comezos de xullo, o mesmo prazo calculado para a Avenida de Camelias. Vía Norte, con millón e medio de euros de orzamento, estará acabada no mes de maio. Álvaro Cunqueiro verá concluído o seu rotor interior en maio ou xuño.
Regades anunciou un novo lote de asfaltados na cidade, con especial atención ás parroquias, en virtude dun convenio coa Deputación de Pontevedra, e que estará en marcha nos meses de verán. Son a Estrada de Miraflores (Sárdoma), Camiño de Viloura (Castrelos), Camiño de Monte Vixiador (Candeán), rematar o asfaltado en Avenida Doña Fermina (Teis), Camiño Forte e Camiño Cruceiro (Alcabre), Camiño Viño (Coruxo), Rúa Roupeiro e Estrada de Beirán (Matamá), Estrada de Marcosende (Zamáns), rúa Areeiro (Bembrive), Covadonga e Eduardo Cabello (Bouzas), rúas Arines, Couto e Marqués de Alcedo (O Castro) e rúa Pastora (no entorno das Travesas)
O segundo tenente de alcalde explicou que a segunda fase da mellora de Marqués de Valterra, a humanización de Canceleiro e de García Olloqui están pendentes de informe de Patrimonio Histórico da Xunta de Galicia, obras que superan o millón de euros en total. Está igualmente pendente o ascensor do parque Camilo José Cela, cun orzamento de máis de 1,4 millóns de euros, tamén para a recuperación do entorno.
No tocante aos vindeiros proxectos, Regades avanzou que a mesa de contratación resolverá en próximas semanas a humanización da rúa García Lorca, en Coia, con máis de millón e medio de euros e a licitación do ascensor de San Salvador. Dúas obras en convenio coa Deputación de Pontevedra -a Estrada Provincial e a Estrada do Porto, que une Beade con Bembrive e Valadares- van licitarse os seus proxectos, que totalizan máis de 6,5 millóns de euros. Amais, o goberno de Vigo está redactando o proxecto e tomando as medicións para cubrir os patios dos colexios do Rocío e do Carballal e xa conta co proxecto redactado para a futura biblioteca de Navia, que sairá a licitación para comezar as obras este mesmo ano.
Descargar todas as imaxes