O alcalde valora o papel do comercio local que contribúe a "facer barrio"
Durante a entrega do primeiro premio "O teu peso en froita", co que a empresa viguesa Frutas Sol agasallou a unha cliente o seu peso en amorodos, Caballero destacou a importancia de levar unha vida saudable co consumo de froitas e verduras e puxo en valor o peso do comercio local que axuda a "facer barrio" e que fortalece as relacións veciñais.
