Caballero mobilizará aos axentes sociais para defender a chegada do AVE a Vigo
O rexedor trasladou esta mañá a súa preocupación pola paralización da variante do AVE a Vigo por Cerdedo, proxecto "irrenunciable" para a cidade. Ante esta situación, Caballero contactará con axentes sociais e económicos para conseguir un pronunciamento unánime en defensa da conexión da cidade con Madrid a través da alta velocidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe martes que iniciará unha rolda de contactos con empresarios, sindicatos e entidades sociais para "facerlles coñecedores de que Vigo se queda de novo sen AVE", tras constatar a "total falta de interese" de levar adiante o proxecto do novo ministro de Fomento, Íñigo de la Serna. O rexedor amosou en rolda e prensa a súa "inmensa preocupación" e "alarma total" ao coñecer as declaracións do titular de Fomento ao respecto da conexión ferroviaria por alta velocidade entre Galicia e a Meseta. Caballero lembrou que a variante de Cerdedo leva "cinco anos coa tramitación paralizada e co informe de impacto ambiental sen concluír".
Caballero advertiu unha vez máis de que a alta velocidade ferroviaria é un proxecto "estratéxico e fundamental" para o desenvolvemento da cidade e polo tanto "irrenunciable". Ante esta situación, o rexedor trasladou a súa intención de que os contactos cos axentes sociais e económicos culminarán coa convocatoria do Consello Social da cidade na confianza de que se pronuncie de forma unánime esixindo ao Goberno de España que acelere a declaración de impacto ambiental da variante de Cerdedo e o proxecto de AVE directo entre Vigo, Ourense e Madrid.