martes, 13 dec 2016
Como parte da decoración do Nadal na cidade, Abel Caballero informou hoxe da disposición diante da Concatedral dunha representación do nacemento de Xesús. Ademais este sábado 17 as cinco rondallas viguesas encherán de música o centro olívico.
martes, 13 dec 2016
Logo da reunión do Padroado desta mañá, o alcalde informou da aprobación do plan de actuación da entidade para o vindeiro ano que inclúe unha análise da economía, o I+D, o naval e a pesca como claves do desenvolvemento de Vigo.
martes, 13 dec 2016
A concelleira de Xuventude,Uxía Blanco,presentou hoxe o disco resultante do concurso "Musicando a Rosalía" que premia a creación musical feita en lingua galega como homenaxe á nosa poetisa máis representativa, Rosalía de Castro. O acto tivo lugar na Casa Galega da Cultura.<br />
martes, 13 dec 2016
A Escola Municipal de Teatro de Vigo presenta o día mércores 14 de decembro, "A TELÓN QUITAO DE NADAL 2016". Neste evento os alumnos e alumnas representarán diversas creacións artísticas que desenvolveron ao longo do primeiro trimestre deste curso escolar. A cita terá lugar no Auditorio del Concello de Vigo, sito na Praza do Rei s/n ás 18:30 horas. A entrada será libre ata completar o aforamento.