Caballero invita á cidade a sumarse ao concerto que reivindica o AVE directo a Madrid

luns, 12 xuñ 2017

O rexedor reiterou esta mañá que "non imos deixar que nos furten" a conexión directa con Madrid a través da alta velocidade, como reclama Vigo e todo o sur de Galicia. En rolda de prensa, animou a toda a cidade a achegarse ao concerto reivindicativo que ofrecerá a Coral Casablanca o mércores 14 de xuño na Porta do Sol para que "Vigo non sexa a única gran cidade española sen AVE".

O alcalde confía e que a Xunta se sume ao acordo con Adif e Immochan sobre os accesos á estación do AVE

mércores, 8 mar 2017

O rexedor reclamou esta mañá á Xunta de Galicia a que "deixe de poñer obstáculos ao acordo acadado" sobre os accesos e o deseño do tráfico no contorno das estacións do AVE e de autobuses. En rolda de prensa deu conta do concerto que xa existe entre Adif, Concello e a eventual adxudicataria, Immochan, e instou ao goberno autonómico a sumarse a esta posición na reunión prevista o próximo 22 de marzo.

O alcalde levará ao Pleno a demanda da chegada do AVE a Vigo

martes, 7 feb 2017

Abel Caballero reuniuse este martes con representantes dos colexios profesionais de economistas, arquitectos e arquitectos técnicos a quen lles transmitiu a súa "enorme preocupación" porque o Goberno non contempla a chegada do AVE á cidade, o que considera unha "ameaza" porque é un "tema central" para Vigo.

O alcalde convocará o Consello Social para esixir á Xunta e a Fomento o AVE directo por Cerdedo

mércores, 1 feb 2017

O rexedor confirmou esta mañá a súa intención de convocar o Consello Social para esixir á Xunta e ao Ministerio de Fomento o AVE Vigo-Madrid directo por Cerdedo. Caballero criticou ao presidente galego e o ministro de Fomento porque obviaron esta variante do tren de alta velocidade, limitándose a asegurar que a declaración de impacto ambiental está en tramitación.