Escoitar

O alcalde confía e que a Xunta se sume ao acordo con Adif e Immochan sobre os accesos á estación do AVE

O rexedor reclamou esta mañá á Xunta de Galicia a que "deixe de poñer obstáculos ao acordo acadado" sobre os accesos e o deseño do tráfico no contorno das estacións do AVE e de autobuses. En rolda de prensa deu conta do concerto que xa existe entre Adif, Concello e a eventual adxudicataria, Immochan, e instou ao goberno autonómico a sumarse a esta posición na reunión prevista o próximo 22 de marzo.

mércores, 8 mar 2017
O alcalde instou esta mañá á Xunta de Galicia a que se sume ao acordo acadado entre Adif, Concello e Immochan -eventual adxudicataria da estación de Tom Mayne- sobre o deseño das futuras estacións de AVE e de autobuses. Tal e como indicou, o próximo 22 de marzo haberá unha nova reunión e o rexedor confía que a Xunta "deixe de poñer obstáculos ao acordo conxunto do resto das partes". Esa oposición é o único óbice para que poder adxudicar de forma inminente o proxecto, unha ver remate o período de exposición pública, apuntou. Segundo Adif, Concello e Immochan comparten o deseño dos accesos, das saídas e da reordenación do conxunto do tráfico.